
Despois da última reunión da Plataforma de afectados pola nova normativa de circulación no Casco Vello de Vigo co Concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, de todas as peticións só foron atendidas algunas novas prazas de residentes que finalmente o Concello concretou nas seguintes:
- Rúa San Vicente: 4
- Rúa poboadores: 7
- Rúa Esperanza: 5
- Rúa Chao:2
- Rúa Santiago: 3
Total: 21
Estas novas prazas hai que engadilas ás anteriores (63):
- Rúa Poboadores: 33
- Berbés: 16
- Rúa Chao: 8
- Rúa San Francisco: 6
En definitiva, segundo datos do propio concello, son 84 prazas que nen sequera chegar a igualar as 102 que existían antes da nova normativa.
Dende o punto de vista da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello e da propia Plataforma existen dúas solucións reais a corto-medio prazo:
- A recuperación anticipada da concesión do parking da Porta do Sol, concesión que remata no ano 2015 e cuia recuperación como parking para residentes resolvería en alto grado este grande problema. O coste de recuperación do parking da Porta do Sol (4 anos) é compensado claramente coa resolución do problema actual e co impulso que isto conlevaría na intención de moitas persoas de mercar ou alugar un piso no casco vello, tanto de iniciativa pública (Consorcio do casco vello) como de inicitiva privada. A isto habería que incluir os ingresos de uso por parte dos residentes no citado parking, xa que non pedimos prazas gratuitas senón prazas para residentes, sobre todo tendo en conta que en poucos meses vai estar aberto ao público o novo parking de Policarpo Sanz que dará servizo a todo o centro da cidade e absorbería as necesidades de usuarios non residentes.
- A anulación da zona XER na rúa Cánovas del Castillo, 36 prazas que pasarían a prazas para residentes.

Deixa unha resposta