Reconquista da Vila de Vigo

cartaz_reconquista_2010

Reconquista da Vila de Vigo

 

27 e 28 de marzo 2010

  Un ano mais e xa van …. os veciños do Casco Vello preparámonos para a rememoración da Reconquista.
 
  Dende o Casco Vello, cerne desta cousa contraditoria e cálida que Vigo é, lanzamos á cidade a ao mundo o convite da participación. Imos ser por unhas horas tropas francesas, curas absolutistas, peixeiras decimonónicas ou aventureiros portugueses. Pero ímolo facer nós, os veciños.
 
  Iremos recrear, mais ou menos, os feitos acontecidos nesta vila o 28 de Marzo do 1809, hai agora douscentos anos, para que as xeracións actuais coñezan e vivan a historia da súa cidade. Pero sobre todo para que todos os que nos queiran acompañar pasen un día divertido.
 
  Dende a Asociación Cultural e Veciñal do Casco Vello levamos moitos anos apostando por esta e outras festas cunha idea fundamental: O Casco Vello é un lugar de encontro, de participación cidadá. Un modo de estar na vide e de vivir a cidade.
 
  Por iso te convidamos a participar connosco desta festa. Ven ao Vigo do 1809!!

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *