castanha.jpg 

 

A Asociación de comerciantes Vigovello inicia unha nova actividade de promoción do Casco Vello de Vigo, na que catorce bares, mesóns e restaurantes asociados ao Centro Comercial Aberto participan na primeira edición das “Xornadas Gastronómicas da Castaña”, que se celebrarán entre os días 18 e 21 de novembro.

 

 O froito seco por excelencia do outono será o ingrediente principal das tapas que Mama Oko (Real, 10), Carbonara (Teófilo Llorente 27), Retranca Pasteleros (Oliva, 14), Sokoke (Eduardo Chao, 8), A Pita Tola (Teófilo Llorente 8), Alta Fidelidede (Praza da Constitución, 12), Crêperie do Mar (Real, 22), Dona Vaniri (Porta do Sol, 2), Edra (Praza dos Pescadores, 6), A Curuxa (Cesteiros, 7), Vinoteca A Laxe (Laxe, 11), Alma (Poboadores, 9), Marisquería Bahía (Pescadería s/n) y Lume de Carozo (Joaquín Yáñez, 5) ofrecerán aos seus clientes en distintas preparacións ao prezo de un euro cada unha.

A coidada elaboración das tapas e a súa extraordinaria relación calidade/prezo aseguran o éxito destas xornadas gastronómicas. Poderánse degustar as tapas ofertadas por cada local en horario de mediodía e noite durante tódolos días das xornadas.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *