O Consorcio do Casco Vello acaba de presentar as primeiras vivendas rehabilitadas que se van por no mercado inmobiliario a través do rexistro de demandantes da Xunta de Galicia.cabeceiraRexistroDemandantes

O acordo alcanzado no último Consello de Administración supón comezar todo o proceso en seis inmobles xa rehabilitados para que, de forma inmediata, se poñan á venda 10 vivendas nas rúas Real e Abeleira Menéndez; en aluguer, outras 14 ubicadas entre Ferraría e Subida ao Castelo e, por último, 3 vivendas para realoxos en Real 25.

 

As primeiras 10 vivendas en venda serán de protección autonómica en réxime concertado. Trátase de tres edificios (Abeleira Menéndez 11; Abeleira Menéndez 24-26 e Real 16) que darán lugar a 6 vivendas de dous dormitorios; 3 dunha habitación e un estudio.

No caso concreto de Abeleira Menéndez, 11, porase a disposición dos cidadáns unha vivenda de dous dormitorios cunha superficie de 61,29 m2. Mentras, en Abeleira Menéndez 24-26 habilitáronse 6 vivendas (4 de dous dormitorios; 1 dun dormitorio e un estudio) cunha superficie que oscila entre os 45,18 m2 e os 75 m2. Por último, en Real, 16 ofrécense tres vivendas (dúas con dous dormitorios e unha cunha habitación) cunhas superficies que van dende os 51 m2 aos 78 m2.

Así, estas vivendas estarán en réxime concertado, é dicir, que para poder acceder a elas os cidadáns deben cumprir unha serie de requisitos, o principal: ter uns ingresos máximos, en función dos membros da súa unidade familiar, de 6,5 veces o IPREM e uns mínimos de 0,7 veces o IPREM. O obxectivo que se persegue é que o Casco Vello reviva e que tanto xóvenes coma maiores que queiran formar parte do rexurdimento do barrio histórico poidan ter facilidades para instalarse no centro da cidade.

O acordo ao que se chegou tamén supón poñer a disposición en réxime de aluguer 14 vivendas máis ubicadas no entorno da rúa Ferraría e Subida ao Castelo ademais de dispor de 3 vivendas xa rehabilitadas no número 25 da rúa Real que se adicarán a realoxos.

Tendo en conta os prazos e trámites administrativos que se deben cumprir a partires de agora, estas vivendas sairán ao mercado durante o vindeiro verán.

Esta primeira fase continuará coa posta en marcha dunha segunda etapa na que se porán á venda, antes de que remate o ano, 3 inmobles que darán lugar a 18 vivendas que estarán completamente rehabilitadas entre os meses de maio a xullo. Neste caso, atópanse nas rúas Abeleira Menéndez 13-15, 18-20 e Santiago 11-13-15-17.

Finalmente, nunha terceira fase, se porán á venda dous inmobles máis, que darán lugar a 7 vivendas nas rúas Santiago 19 e Cruz Verde 5. Neste caso, estarán rematados a finais deste ano, polo que a súa venda será posible o ano que ven.

En definitiva, ao longo deste ano 2010, estarán dispoñibles un total de 52 vivendas, “algunhas xa habitadas e outras en fase de preparación para saír ao mercado en 2011”.

Características das vivendas

A maior parte das vivendas teñen entre un ou dous dormitorios, estruturas de madeira, unha superficie media de entre 50-55 m2, están equipadas ademais de manter os muros interiores de pedra así como elementos singulares ou con algún tipo de interese patrimonial. De aí que algúns inmobles daten do século XIX.

Tendo en conta estas características así coma os requisitos que se piden para acceder ás vivendas de protección, unha gran parte da poboación viguesa poderá acceder a elas a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia. Dende xente xoven que se acaba de independizar ata persoas maiores así coma parellas ou incluso unha familia cun fillo.

cabeceiraRexistroDemandantes

No que respecta aos prezos de venda, serán “a un prezo razonable” e que poden oscilar, de media, entre os 70.000 euros se nos referimos ao réxime xeral cun custe de 1.394,74 euros/m2 aos 90.000 euros de media, se falamos do réxime concertado, que estipula un prezo de 1.773,72 euros/m2. No que respecta ao aluguer, o prezo estará ao redor de 6 euros/m2.

Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia créase polo Decreto 1/2010, de 8 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro)

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *