Quen somos

  Hai máis de 35 anos nace esta asociación da inquedanza d@s  veciñ@s que vemos como este noso barrio está caendo nunha decadencia total (ruidos, droga, abandono, marxinalidade…) ante a deixadez dos governantes daquel tempo, deixadez que que continúa ata hoxe.

  Un dos obxectivos principais foi e segue sendo a revalorización social do barrio e o traballo en temas específicos como a marxinalidade de moita da veciñanza.

  Reivindicamos para o nosos barrio un bon alumeado, rúas libres de lixo e cheiros desagradables, que os ruidos non sobrepasen os decibelios permitidos, eliminar a venda de drogas, que as casas non se veñan abaixo…

  Queremos, en definitiva, un barrio mellor para tod@s. Para acadalo, estamos a traballar en diferentes eidos:

  • Fomentar a participación en actividades sociais e culturais
  •  Recuperar tradicións e dalas a coñecer de xeito lúdico
  • Loitar para mellorara calidade de vida da xente do Casco Vello
  • Dinamizar o barrio en colaboración cos colectivos e agrupación que hai nel
  • Acadar o recoñecemento do barrio como unha alternativa cultural e de lecer

 

Asociación Veciñal e Cultural “Casco Vello” 

Rúa Oliva, 12

36202 Vigo

teléfono e fax : 986 439799

e-mail: cascovellovigo@yahoo.es

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *