Que é a festa dos Maios

 

 

 

 
É unha festa cíclica que está presente na cultura rural europea dende
tempos inmemoriais. É unha manifestación agraria a través da cal as
xentes do campo celebraban os traballos da recolleita dos froitos na
primavera, a eclosión da primavera representada no maio, adornando con
elementos vexetais e froitos do campo as máquinas, as ferramentas de
traballo, o gando, as portas das casas e mesmo que as proprias xentes.

 
Algúns dos adornos vexetais presentes nos maios mais recentes son o
fiuncho, os pampullos, a espadana, as xestas…, debidamente
traballados; tamén froitos como ovos, laranxas, limóns, espigas…,
vestindo unha estructura de madeira cónica e chegando incluso a adornar
reproduccións de embarcacións nos pobos ou barrios mariñeiros, ou
poñendo un elemento vexetal no mástil dos barcos.

 
Este recibimento á primavera era unha forma de relación entre os
campesiños nunha estación do ano na que os campos estaban e están a
estoupar de vida e fermosura, onde a roupa permitía ver algo máis dos
corpos, fervía o sangue, sendo propicio para a sensualidade e os
primeiros amores, a música e a creatividade.

 
Esta festa ancestral arraigada nos pobos de Galicia foi recuperada hai
22 anos para nosa cidade pola Asociación de Veciños do Casco Vello, no
1981.O interés actual desta festa é que nos conecta con símbolos
expresados en rituais e cantigas, despertando as emocións que
configuran a nosa personalidade histórica e que nos confiren a
identidade no noso xeito de sentir e actuar no mundo

 

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *