Duns meses cara aquí vimos comprobando como o fenómeno do botellón e do “desfase nocturno” está a crecer espectacularmente nas fins de semana no triangulo da Praza do Berbés, Teófillo Llorente-A Pedra-Rúa Real. Este crecemente ten levado a situacións de enfrentamento con veciños e un malestar crecente sobre esta situación, sin que se vexa ningunha acción por parte do Concello para cortar de novo a volta do Casco Vello a épocas pasadas de “desfase e descontrol”.
que beben nas diversas rúas, aos locais que non cumplen os horarios de
peche nin as licenzas de local sin música hai que sumar a humanización
de Teófilo Llorente que propicia este novo espazo como zona de marcha
nocturna se non se controla as situacións anteriores descritas.
Nun momento histórico no que dende as diversas institucións públicas se
está a propiciar a recuperación do Casco vello como zona de calidade
vida, de novos veciños e novos comercios, consideramos completamente
incongruente que se faga deixadez no tema de botellón e ocio nocturno
xa que a calidade de vida e o problema que estamos a denunciar son
incompatibles.
Asímesmo levamos tempo agardando a entrada en vigor da normativa
“antibotellón”, esta normativa tan agardada por todos os veciños e tras
diversas datas fallidas de entrada en vigor ten dúbidas na súa
aplicación, que temos recibido a través de moitas consultas.
Estamos completamente dacordo que a rúa Joaquín Loriga sexa declarada
como zona protexida dentro da nova ordenanza de convivencia cidadá xa
que levamos anos denunciando dita situación, mais a nosa queixa na
aplicación desta normativa ven dada por outras localizacións que
afectadas polo botellón e estando en lugares de vivendas non se ten a
seguridade do que vai acontecer con elas: Berbés, Teófilo Llorente, A
Pedra e Praza de Portugal.
Destas localizacións temos lido na prensa diversas noticias sobre a súa
inclusión como zonas protexidas: nun primeiro momento ían entrar,
noutro momento quedaban a expensas das denuncias dos veciños (levamos
máis de vinte anos denunciando e os veciños xa están cansos e non
confían nas denuncias á policia), e as últimas noticias son que van
declararse zonas protexidas de oficio a continuación da rúa Joaquín
Lóriga.
Pedismoslle que nos clarifique esta situación e que nos poida confirmar
se esta última posibiliade é a que contempla o Concello e cando ten
pensado facer esa declaración, xa que temos informacións que indican
que Joaquín Lóriga entrará en vigor como zona protexida o vindeiro 20
de xuño.
De non ser este caso comezaremos unha campaña entre os veciños das
diversas zonas para reclamar ao Concello o mesmo trato que os veciños
da rúa Joaquín Loriga, e con máis razón nun momento tan conflictivo
como este, constatando que coa chegada do bo tempo o problema do
botellón e as súas consecuencias van multiplicarse.
Agardamos que este problema tan grave teña algún tipo de solución por
parte do Concello, primeiro controlando o “desmadre” existente agora
mesmo, e segundo iniciando o procedemento de zona protexida para as
diversas rúas afectadas.

Deixa unha resposta