2009-10-05_img_2009-10-05_23_13_33_vi2.jpg

Ante a falta de acordo co
goberno local, o Porto de Vigo asumirá a reforma do paseo das Avenidas cun orzamento aproximado de 600.000 euros. "Non se pode esperar nin un día máis. O abandono é evidente e hoxe mesmo encargarei o proxecto para remodelar a zona. É unha irresponsabilidade que as administracións se pasen a pelota unhas a outras sen dar unha solución", recriminou a presidenta portuaria ao Concello, que non achegará fondos ao atribuír o groso dos danos ao incremento dos tráficos pesados durante os últimos dous anos e medio.

A remodelación do paseo do Náutico era o primeiro punto da orde do día da reunión entre Corina Porro e Abel Caballero, que lembrou que as negociacións sobre As Avenidas estaban "bastantes avanzadas" co anterior responsable do Porto. O alcalde é o primeiro en denunciar que o paseo está "pulverizado" pero entende que debe ser a Autoridade Portuaria quen corra cos gastos, pese ao convenio que no seu día asinaron ambas as dúas partes para executar o proxecto "Abrir Vigo ao Mar "e no que, segundo Corina Porro, "o Concello comprometíase a asumir os gastos de mantemento".


A negativa municipal é firme, polo que o Porto desembolsará en solitario os arredor de 600.000 euros en que está orzamentada a reforma. "Non se pode manter o estado actual de abandono", recoñeceu onte Corina Porro para logo denunciar que "Abrir Vigo ao Mar ", no que se enmarcan As Avenidas, "naceu mal e non lle dotou das infraestruturas necesarias". Denuncia que tiña que prever o tránsito de camións de gran tonelaxe fronte ao Náutico.


Para acabar cos desperfectos, onte encargaba aos técnicos do Porto unha proposta propia para remodelar o paseo, pois considera "excesivo a formulación do anterior arquitecto", Guillermo Vázquez Consuegra, que valora en 1,2 millóns de euros a reforma completa das Avenidas.


A Autoridade Portuaria aposta por unha obra máis modesta na que continuará reclamando a colaboración do Concello. "No seu día, poderase consultar o deseño con Consuegra e tal e como pediron enviaro a Alcaldía, o que non quere dicir que non sexa feito polo Porto ", matizaba a súa máxima responsable.

En principio, non contará coa Administración local para executar a obras porque, balance en man, o alcalde defende que boa parte dos danos débense ao notable aumento de tráficos especiais polo paseo. En dous anos e medio, cruzaron As Avenidas 265 camións de gran tonelaxe: 28 no 2007, 113 o pasado ano e 124 ata setembro de 2009.
{mxc}


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *