Os orzamentos do goberno galego destinarán ao casco vello de Vigo un millón de euros, consignados nunha partida xenérica de 14,7 millóns de euros para toda Galicia destinada ao fomento da rehabilitación e da calidade da vivenda.

O tenente de alcalde do concello vigués, o nacionalista Santiago Domínguez Olveira, asegurou onte que o goberno bipartito tiña comprometido para o consorcio do casco vello 3 millóns de euros para 2010. Fontes do propio consorcio confirmaron onte a Xornal de Galicia que as partidas ascenden a 3 millóns para 2010 e outros 3 para 2011, aínda que só apareza reflectido 1 millon de euros para o próximo ano.

.

 logoconsorcio.jpgO escaso investimento consignado podería supor un freo para os
proxectos de revitalización e rehabilitación do barrio histórico da
cidade que, neste momento, ten en proceso de execución a rehabilitación
dunhas 70 vivendas, a maior parte das mesmas destinadas a uso
residencial.

A cantidade está lonxe dos 7,2 millóns de euros que o Consorcio tiña orzados para o 2009 polo anterior goberno bipartito.

Desde o BNG esperan que se "manteña" o investimento da anterior consellería de Vivenda e en calquera caso adiantaron que reclamarán ao goberno central o investimento necesario para levar adiante o proxecto dun funicular ?que conectaría a zona do Berbés co Concello? e outros proxectos necesarios para revitalizar a zona.

CAMBIO NA PRESIDENCIA

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, é desde onte a nova presidenta do Consorcio Casco Vello, ente creado en 2005 para a recuperación e rehabilitación da zona histórica da cidade e participado nun 90% polo Instituto Galego de Vivenda dá Xunta e nun 10% polo Concello de Vigo. Molares substitúe así no cargo a Santiago Domínguez Olveira, que esgotou a vixencia de dous anos do seu mandato e cuxo nomeamento corresponde á administración autonómica.

En calquera caso, desde o BNG insistiron en que o casco vello recibirá en 2010 ao redor de 8 millóns procedentes procedentes do Plan E e que o Concello destinará dos seus fondos preto de 3 millóns de euros a distintas actuacións.

http://www.xornal.com/artigo/2009/10/20/galicia/casco-vello-vigues-pierde-millones-euros/2009102022532582465.html

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *