O tenente de alcalde considera que sen o Plan de Usos non se pode realizar a obra
O grupo municipal do BNG, por medio do tenente de alcalde Santiago Domínguez, reclamou onte que o novo proxecto de ampliación do túnel de Beiramar, que conectaría co actual subterráneo fronte á praza do Berbés, inclúa a recuperación da fachada marítima do Casco Vello.
Domínguez insiste en que non se poderá expor o novo proxecto ata que se aprobe definitivamente o Plan de Usos do Porto “demanda similar ao resto das obras que se acometen por parte da Autoridade Portuaria” e reclamou á Consellería de Infraestruturas consenso co Concello e cos veciños do Casco Vello antes de elaborar o documento definitivo para a ampliación do túnel.
Anunciou, ademais, que en breve presentará, xunto co seu grupo un plan para o Berbés.

Deixa unha resposta