Vigo, a 22 de outubro de 2009

Sobre a aplicación da normativa de convivencia cidadá no Casco Vello de Vigo

A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo con C.I.F. G.36.645.885 e enderezo en Rúa Oliva nº 12 do Concello de Vigo quere dar a  coñecer as impresións de veciños e veciñas do Casco vello tras a aplicación “definitiva” da Normativa de convivencia cidadá a fin de semana pasada no espazo comprendido entre a Praza do Berbés, rúa Real, Praza da Pedra, Ostreiras e Teófilo Llorente.
 
Como é sabido polos medios de Comunicación, até este fin de semana non se aplicou a nova normativa na totalidade do espazo afectado, aplicandose nas semanas anteriores soamente na Praza do Berbés, motivo polo que non fixemos ningunha valoración até o de agora.
 
Visto o resultado deste fin de semana, e á espera do que poida acontecer nas seguintes, a valoración veciñal e moi positiva. O cumprimento de horarios, o comportamento dos xovenes, a limpeza existente, tanto na mesma noite como a primeiras horas da mañá, causou unha grata impresión aos veciños que agardan poida ter continuidade. Por fin moitos veciños e veciñas que sufrían dende hai anos as incomodidades dos efectos da movida nocturna puideron descansar, o que repercute na saude e calidade de vida dos mesmos, ao mesmo tempo que sirve como revulsivo para incorporar nova veciñanza a un barrio tan necesitado como é o Casco vello.
 

 

 

 En contraste con estes efectos posítivos podemos comentar que houbo un incremento de “ambiente nocturno” en dous sentidos, normativa.jpgcara a zona da rúa Chao e cara os Xardíns das Avenidas en Montero Ríos.

Para paliar esta previsible situación, que crea novos lugares afectados polo botellón e os seus efectos, solicitamos e agardamos que dende o Concello fagan a incorporación destes lugares á nova normativa e poder así ofrecer á mesma solución aos veciños que se atopan agora mesmo afectados polas incomodidades que teñen que sufrir ao chegar a fin de semana.
 
A Asociación Veciñal e Cultural Casco vello entende que ir incorporando novas zonas veciñais á nova normativa non é a solución definitiva, inda que de momento, si é a única que dá unha posibilidade de recuperación á vida normal en lugares que levan anos sufrindo esa situación. Ir desprazando aos xovenes que utilizan o botellón como reunión social non pode ser considerada a solución definitiva, nin tampouco cremos na criminalización da xuventude e das súas reunións.
 
Agardamos que dende o Concello de Vigo poidan aportar unha solución de consenso que saiba acadar a convivencia entre o ocio nocturno e o descanso veciñal.
 
Por este motivo e para valorar a situación do problema, así como para facer un seguimento da posta en  marcha da Normativa de Convivencia Cidadá, esta Asociación, como membro da Comisión Municipal contra o ruido, solicitou á Concellería de Medio Ambiente a convocatoria de dita Comisión.
 
Agradecendo a vosa colaboración despidese atentamente
Presidente. Henrique Macías Cambra

{mxc}


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *