Desde a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello queremos comunicar o grande malestar dos veciños e veciñas do noso ámbito de actuación en referencia ás obras que están a realizar.

  Non negamos a utlidade e necesidade de obras na nosa cidade mais si lamentamos o xeito e modos de planificar a súa realización:


  1. A pesares de ter solicitado información ao Concello sobre estas
    obras, en concreto as de reforma do Casco vello e as de humanización da
    rúa Torrecedeira, este non ten respondido á nosa petición, a cal non
    tiña máis interese que o seu coñecemnto para información dos veciños.
    Lamentamos que uns entes tan integrados na vida veciñal como son as
    Asociacións Veciñais non sexan aproveitadas polas institucións para dar
    a coñecer as actuacións ou como puntos de información da laboura que
    esta realiza nas zonas correspondentes. Pero o que entendemos máis
    grave é o ninguneo por parte do Concello a moitas das nosas
    solicitudes, situación que impide ofrecer un servizo aos nosos veciños
    e que engadido á dificultade de acadar esa información individualmente
    polos veciños multiplica o descontento coa laboura municipal.
  2. É dificilmente entendible o xeito de realización destas obras
    simultaneamente.  Non houbo información previa, nin do tipo de reforma
    nin a duración da mesma e agora atopamonos con cortes de tráfico,
    trocos de dirección, eliminación de aparcadoiro para residentes e zonas
    habilitadas para aparcamento, eliminación de puntos de recollida de
    lixo coa retirada de colectores, eliminación de arborado existente, …
Todas estas situacións teñen creado un amplio descontento veciñal que temos recollido estes días na nosa Asociación

Cómo eliminan unha  morea de prazas de aparcamento para realizar estas obras sen procurar alternativas?

Por todos é coñecido o deficit de prazas de aparcadoiro existente na
zona Casco Vello-Torrecedeira, situación que se ve multiplicada con
estas obras en simultaneidade co peche da rúa Jacinto Benavente
(Auditorio).  Cremos que non se pode deixar este problema sen
planificar unha solución xa que está afectando na vida familiar e
laboral a centos de persoas que ven como atopar unha praza de
aparcamento é unha misión imposible.

Alternativas propostas pola Asociación de Veciños:

  • -Creación dun aparcadoiro para residentes debaixo do parque Camilo José Cela
  • -Apertura do aparcadoiro do Centro Comercial A Laxe en horario nocturno para residentes.
  • -Posta en marcha dun aparcadoiro para residentes no Parking da Porta do Sol ao rematar a concesión (2012)
  • -Eliminación de zonas de carga e descarga infrautilizadas en zonas do Casco Vello e Cánovas del Castillo
  • -Negociación coa Autoridade Portuaria para uso dunha zona como aparcamento temporal de residentes mentres se fagan as obras.


Cal é o motivo da eliminación das árbores de Torrecedeira?
Esta é
outra das preguntas que moitos residentes en Torrecedeira nos
trasladan. Árbores cun gran porte e décadas de antigur¡edade serán
cortado e sibstituidos por uns novos na zona da rúa Paz. Non había un
xeito de planificar as obras mantendo esas árbores? Sempre teremos que
sacrificar o medio ambiente na realización de humanizacións? Isto non é
unha contradicción?

Como podedes comprobar as críticas son moitas e poucas as respostas,
habendo por este motivo un gran malestar entre os veciños, sentir que
esta Asociación comparte e que queremos denunciar á opinión pública

{mxc}

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *