Maio sen cor 2010

cruz-vermellaCoincidindo coa Festa dos Maios a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello fai un recoñecemento a persoas ou colectivos que se teñan distinguido pola súa aportación na mellora da calidade de vida, coñecemento ou defensa deste barrio, facendolle entrega dun Maio cerámico da artista Emilia Guimeráns.

En ocasións excepcionais tense entregado o premio “Maio sen cor”, un premio a actuacións negativas no barrio. Este ano a A. V. C. Casco Vello considera que a Cruz Vermella ten gañado motivos de sobra para recibir o premio “Maio sen cor” polo seu intento de peche do hospital da Cruz Vermella de Vigo, hospital que leva dende os anos corenta do século XX sendo parte do Casco vello, nun espazo donado polo pobo de Vigo para uso sanitario e que chegou a ser o hospital sociosanitario de referencia para pacientes crónicos de longa estancia, paliativos ou con problemas sociais.

Por querer pechar un espazo sanitario de tanta necesidade e precisamente integrado no noso barrio concedemos este “Maio sen cor 2010” á Cruz Vermella

 

 

 

 

 



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *