A Asociación Veciñal Casco Vello convoca o IV Concurso Fotográfico da Reconquista da Vila de Vigo, unha iniciativa aberta a todas as persoas que desexen capturar coa súa cámara os mellores momentos desta festa histórica da cidade.

As fotografías deberán estar relacionadas coa Reconquista de Vigo e as actividades que a rodean, e poderán presentarse ata tres imaxes por participante.

O prazo de presentación estará aberto do 21 de marzo ao 14 de abril de 2026, e as fotografías poderán entregarse en formato físico nas oficinas da asociación ou en formato electrónico por correo electrónico.

O concurso contará con tres categorías (Acción, Fotografía máis Creativa e Mellor Retrato) con premios económicos para as obras gañadoras.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *