O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.
O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.
Queres darlle un toque especial ao teu fogar este Nadal? O Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza un taller creativo de Centro ou Coroa de Nadal.
Será unha actividade práctica e entretida, perfecta para aprender técnicas sinxelas de decoración e pasar unha tarde diferente. Todo o material está incluído.
Data:
29 de novembro ás 17:00 h
Prezos:
Socios/as:
Coroa de Nadal: 45 €
Centro de Nadal: 35 €
Non socios/as:
Coroa de Nadal: 47 €
Centro de Nadal: 37 €
As prazas son limitadas, polo que recomendamos facer a inscrición canto antes.
Información e inscricións
☎️ 986 43 97 99 / 604 00 98 81 Cánovas del Castillo, 2 – Vigo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
En 2020 colleunos en pleno confinamento, e en 2021 as restricións sanitarias impediron celebrala na rúa, pero en 2022 volve a Reconquista en toda a súa dimensión. E xa se nota que hai ganiñas de Reconquista...
Volvemos con moito ímpeto, empezando os actos xa a fin de semana anterior, na cal a acción centrarase na praza do Berbés con concertos, actividades e a representación da Destitución na tarde do sábado 19.
O mercado na rúa inaugurarase o venres 25 e permanecerá aberto ata o domingo 27. Neses tres días haberá multitude de activides nas rúas, e sobre todo nos torreiros situados no Náutico, o Berbés e Chao.
A guinda da festa será o domingo 27 ás 18.00, cando terá lugar a representación da Reconquista, empezando no escenario do Náutico, pasando logo á Gamboa e regresando ao Náutico para rematar.
O luns 28 celebrarase un evento máis íntimo no Berbés, con foliada popular e mostras de artesanía tradicional.
Podedes consultar o programa completo de eventos nesta ligazón.
Dende o ano 2015, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo decidiu incluír como un acto máis da festa o Desfile Infantil da Reconquista, co afán de implicar as escolas de Vigo e darlles aos mais pequenos un espazo propio de participación e a oportunidade de mergullarse no espírito lúdico e conmemorativo que queremos que teña esta festa.
O desfile consiste nunha reunión de rapaces e rapazas das escolas inscritas nunha das prazas do Casco Vello para, posteriormente, facer un percorrido polas rúas do Barrio Antigo ao son dos bombos e dos tambores feitos por cada un dos nenos e nenas participantes.
O xoves 24 de marzo, os colexios participantes confluirán ás 10.15 horas no Casco Histórico vestidos uns de franceses e outros de paisanos e paisanas vigueses do século XIX, para ás 10.30 empezar o desfile polo barrio. Durante todo o percorrido acompañaranos músicos que tocarán bombos e tambores marcando o ritmo que os nenos e nenas repetirán cos seus propios instrumentos. Ao final do acto, os nenos e nenas participantes serán agasallados cunha merenda e asistirán a unha actuación de animación. Sobre as 13.00 finalizará o acto e os nenos e nenas retornarán ás súas escolas.
A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo convoca o V Certame Gastronómico Retapas, que terá lugar entre os días 4 e 20 de marzo de 2022. O certame gastronómico Retapas ten como obxectivo a promoción gastronómica e turística do barrio histórico de Vigo no mes que dedicamos á Festa da Reconquista, festa declarada de interese turístico estatal.
Poderán participar no concurso todos aqueles locais de hostalaría do Casco Vello de Vigo que así o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas e sexan habilitados pola organización para tal fin.
A AVC Casco Vello estrea a Gala da Reconquista da Vila de Vigo o sábado 18 de setembro
O teatro AFundación acollerá a celebración da Reconquista 2021, cumprindo as medidas sanitarias
Tras dúas cancelacións por mor do Covid-19 e sen poder festexar como se merece a concesión de Festa de Interese Turístico Nacional en 2019, a AVC Casco Vello adáptase unha vez mais para seguir achegando a celebración da Reconquista da Vila de Vigo dun xeito único e seguro.
A celebración da Gala da Reconquista da Vila de Vigo pretende ser unha mestura dos aspectos máis importantes da Festa da Reconquista da Vila de Vigo: a música e o baile tradicional e a historia contada a través dos seus protagonistas. Facendo como sempre participe ao público asistente e levando a nosa historia ao seguinte nivel, coa actuación do Orfeón Mariñeiro do Berbes, ACF Tarambainas, bailaríns de Maria Prego e Os Catro Quintos. Ademais compre destacar a interpretación do grupo de teatro Baluarte 1809 e do clube de esgrima histórica Falcata H.E.M.A.
Baixo a dirección de María Torres e conducida por Carlos Veleiro, a Gala preséntase dun xeito ameno e orixinal, cunha mestura de música e baile tradicional xunto cos diferentes actos teatrais, sobre un escenario emblemático da cultura galega e da súa historia, como é o do Teatro Afundación (García Barbón). Unha gala coa que poder conmemorar a festa da Reconquista da Vila de Vigo, dun xeito mais íntimo e inmersivo, e cumprindo estritamente os protocolos sanitarios.
As entradas, de prezos populares (entre 5 e 10 euros), están á venta desde este luns día 6 a partires das 9:00 da mañá en ATaquilla.com: á ligazón pódese acceder desde redes sociais en @areconquistadevigo, desde a páxina webwww.areconquistadevigo.com ou directamente a través de:
A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello convoca o I Certame Gastronómico Retapas que terá lugar entre os días 14 e 25 de marzo de 2018. Este certame gastronómico Retapas ten como obxectivo a promoción gastronómica e turística do barrio histórico de Vigo no mes que adicamos a Festa da Reconquista, festa declarada de interese turístico galego.
Poderán participar no concurso todos aqueles locais de hostalaría do Casco Vello de Vigo que así o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas, e sexan habilitados pola organización para tal fin.
O prazo de inscrición será do 26 de febreiro ao 5 de marzo de 2018 ámbolos dous incluídos e poderá formalizarse enviando cumprimentada a folla de inscrición ao enderezo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou recolléndoa e presentándoa en persoa nas oficinas da entidade organizadora, Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, no enderezo da rúa Cánovas del Castillo 2 baixo, en horario de lúns a venres de 11:00 a 13:30 horas ou de 17:00 a 20:00 horas.
A continuación publicamos os enlaces para descargar o formulario de solicitude, as bases de instalación dos postos e os anexos cos prazos e vestimenta para homes e mulleres.
A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza unhas xornadas arredor da figura do pintor José Casal Cerqueira baixo o títula "Ksal e outras historias do mar" nas que se relaciona pintura, música, gastronomía e cultura mariñeira, e nas que participarán persoas relacionadas co mar e o noso vello barrio combinando actuacións cun paseo polas rúas e locáis do Casco Vello de Vigo.
Estas xornadas consistirán en catro actos tódolos venres do 9 ao 30 de setembro a partir das 20:00 horas no Instituto Camoes 'Casa Arines' de Vigo. PROGRAMA.