Consideramos positiva a súa aprobación máis só no caso de que esta sexa realmente utilizada nos casos e lugares establecidos. Lamentablemente temos experiencias dabondo para dubidar da aplicación real desta nova normativa.
– A Comisión municipal contra o ruido, creada na lexislatura do alcalde Manuel Pérez para facer un seguimento da problemática do ruido nocturno, non se ten reunido en toda a lexislatura actual co que non se está a facer ningún tipo de seguimento das diversas situacións que acontecen na cidade relativas a este problema, que non son poucas.
– O departamento de Medio Ambiente (responsable desta problemática), debido á súa falta de persoal, non está a realizar o labor adecuado neste tema, máis ben ningún tipo de labor, e caseque chegado á metade
da lexislatura municipal a inactividade neste tema é total, resultando deste xeito situacións como a caducidade de expedientes abertos a locais por incumprimento de horarios ou non ter licenzas de bar con música, situación que dá motivos a moitos locais para forzar a legalidade e non cumprir coas normativas existentes.
– Despois de ter aprobado a creación das zonas ZAS (Zonas Acusticamente Saturadas) non se ten realizado ningún tipo de seguimento na súa aplicación, nin control de locais, nin de cumprimento de horarios e licenzas, nin medicións sonométricas en ditos espazos.
– As excusas de falta de persoal no departamento de Medio ambiente, de falta de persoal na plantilla da Policia municipal, falta de sonómetros para medicións acústicas, ? son excusas tan válidas agora como no momento de aplicación da nova normativa?. Van cambiar nalgo esas excusas?
{mxc}

Deixa unha resposta