A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza o I Certame Gastronómico Retapas que terá lugar do mércores 14 de marzo ao domingo 25 de marzo de 2018. O certame gastronómico Retapas ten como obxectivo promocionar a cultura gastronómica e turística do barrio histórico de Vigo no mes no que se celebrará tamén a Festa da Reconquista, festa declarada de interese turístico galego.

A partir do mércores 14 de marzo, 34 locais da zona terán tapas por 2€. Ata o domingo 25 de marzo teremos a oportunidade de degustar todas as propostas. Ademais, entre as persoas que participen sortearanse 25 lotes de produtos das empresas colaboradoras.

Mapa de locais que participan no I Certame Gastronómico Retapas 2018:

Listado de rutas e zonas dispoñibles a percorrer:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *