saman_068.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un ano máis, e xa van catro edicións, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organizou, o pasado venres 30 de outubro na praza do Berbés, a Festa infantil do Samaín na que nenos, e non tan nenos, disfrutaron dun obradoiro de calacús que logo puideron levar ás súas casas para poñer nas fiestras como facían os nosos avós nunha antiga tradición que se estaba a perder.

A festa das cabazas, dos calacús, da noite de defuntos, … tradición milenaria na nosa terra, que co nome de Samáin (o nome celta desta tradición) renace de novo en contestación ao Haloween americano,  festa importada a través das películas  norteamericanas pero que fora levada a America polo emigrantes irlandeses, cos que precisamente tiñamos esta tradición común.

Na mesma festa os máis cativos puideron desfrutar tamén dunha exhibición de Pepe Carreiro, o debuxante esaman_022.jpg creador dos famosos “Bolechas” que moitos dos pequenos recibiron como agasallo algunha das súas aventuras publicadas pola editorial A Nosa Terra, a quen agradecemos a sá colaboración así como á Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

 

 

 

Tras aventuras en debuxo chegou a hora das aventuras dos contos, neste caso Codia e Miolo representaron, baixo a atenta e participativa mirada dos rapaces, un conto de medo, cosaman_058.jpgn bruxas, casas encantadas e os nenos como protagonistas.

 

 

 

 

 

 

Para finalizar a festa todos os presentes foron convidados a castañas do magosto que foi preparado na mesma praza. 

A iniciativa da dinamización do Casco vello a través das distintas actividades da Asociación vese reflectida como exemplo nesta festa, que por un día enche de nenos unha das prazas saman_046.jpgmáis esquecidas do noso barrio.

 

Agradecer tamén a colaboración da Asociación de comerciantes Vigo Vello e de Froitas Nieves

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *