Chega o Día Mundial de Tecer en Público! Cada ano, o segundo sábado de xuño, persoas de todo o mundo saen ás rúas con agullas e lá para celebrar xuntas a arte de tecer. É unha xornada para valorar a artesanía téxtil, oficios con séculos de historia e tradición que merecen o seu lugar no espazo público, na conversa e na cultura. Este ano, Tardes de Fío celébrao na Praza da Igrexa do Casco Vello de Vigo, en colaboración coa Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello @avccascovello. Únete a nós! Trae o teu proxecto, as túas agullas e as ganas de compartir.
Sábado 13 de xuño · 12:00 h · Praza da Igrexa, Casco Vello



Deixa unha resposta