n100000945110010_2823

Como podedes comprobar, a páxina web da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo volve estar actualizada. Problemas técnicos impediron que se puidese actualizar dende a propia Asociación coas novas do barrio e coas propias actividades.

Unha vez resoltos os problemas técnicos voltamos con forzas renovadas e incluimos tamén a incorporación ás novas redes sociais, concretamernte a creación dun perfil en Facebook, que en menos dunha semana  xa ten máis de 100 solicitudes, e que será utilizado tamén para informar e recibir comentarios de todo o que teña que ver coa Asociación e a súa area de influencia.

Desculpade o retraso e grazas por visitar a páxina web da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *