
O pasado domingo 4 de outubro, cun tempo non moi apacible por Vigo, saiu en autobus a excursión organizada pola Asociación Veciñal e Cultural Casco vello camiño da cidade de Oporto en Portugal.
O pasado domingo 4 de outubro, cun tempo non moi apacible por Vigo, saiu en autobus a excursión organizada pola Asociación Veciñal e Cultural Casco vello camiño da cidade de Oporto en Portugal.
Coas prazas xa esgotadas dende había días e con gañas de pasar un bo día partimos cara Portugal comprobando como o tempo ía melllorando conforme íamos achegando a Oporto.
Visitamos as praias de Matosinhos, o Forte de Sao Francisco Xavier, e xa na cidade a Estación de Sao Bento, a Catedral Fortaleza, e mentres uns ían ver a Torre dos Clérigos, outros visitaban a famosa librería de Lello & Irmao ou tomaban un café na zona peonil e de paseo da Praza da Liberdade.
Despois do xantar achegamonos á zona do Cais da Ribeira para pasear a carón do río Doiro e embarcarnos nunha típica embarcación que nos trasaladou río arriba atravesando todas as pontes que cruzan dende Oporto á beira de Vila Nova de Gaia.
Tras o paseo e xa para rematar acabamos nas famosas adegas Calem onde fixemos un percorrido guiado e poidemos saborear diversos viños destas famosas adegas, agora propiedade de Caixanova.
Un día longo pero moi ben aproveitado no que tivemos o pracer de disfrutar en moi boa compaña e con moi bo ambiente.
Agradecer especialmente ao noso guía Roberto que soubo dirixir a un grupo tan numeroso e tan divertido.
Tras este bo sabor de boca agardamos poder repetir dentro de pouco unha nova excursión.
Admitense suxerencias…

Deixa unha resposta