A Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo convoca a todos os veciños e residentes do barrio a unha asamblea informativa o próximo luns 11 de febreiro ás 20:00 horas no local veciñal situado na rúa Cánovas del Castillo 2. O obxectivo é analizar en común a problemática da falta de estacionamento para residentes nas rúas do barrio vello de Vigo e valorar a necesidade de adoptar medidas de presión e mobilizacións.

Segundo os datos que manexa a asociación, hai arredor de douscentos veciños no barrio que non dispoñen de garaxe privado e teñen que buscar alternativas para estacionar, especialmente tras o inicio esta semana das multas da Policía Local de Vigo aos vehículos mal estacionados.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *