Os grafitis políticos da “ponte da Constitución” deixan paso a debuxos, garabatos, consignas ideolóxicas dispersas ou números de lotería 

Actos vandálicos sen tregua. pintadas.jpg

O Consorcio Casco Vello está a “pleno rendemento” na eliminación de pintadas, priorizando especialmente aquelas rúas “recentemente humanizadas”, porque cada día amencen con novas inscricións. Ás soflamas ideolóxicas súmanse deseños sen maior connotación artística ou política, os comunmente chamados, graffitis, que obrigan á empresa encargada do borrado, Clinarte S.L., a un labor continuo de limpeza.

O Consorcio Casco Vello gastou máis do dobre do previsto para a eliminación das pintadas con tinguiduras políticas que tatuaron o barrio histórico a pasada “ponte da Constitución”, que estimaba en 6.500 euros. A multiplicación de grafitis fixo que o importe total nos meses de outubro e novembro ascendese a 14.250 euros, máis do cuarto do orzamento de todo o ano, e aínda queda “unha gran superficie por limpar”.
Por iso é polo que o diñeiro para este ano “uns 55.000 euros” estea practicamente esgotado. É debido á reprodución deste tipo de actos destrutivos que a presidenta do Consorcio, Lucía Molares, anunciou, o pasado 25 de novembro, o incremento da partida en, nin máis nin menos, que un 35 por cento para 2010. Así, o próximo ano, o orzamento para pintadas ascende a 77.100 euros.

 

Aínda que os máis de 50 grafitis que cubriron as fachadas e muros da zona a principios de outubro tiñan todos a mesma temática política, agora seguen aparecendo pancartas ideolóxicas moi dispersas, firmas abstractas e mensaxes con transfondo amoroso. “Non é como unha fábrica, na que está todo medido. Os que pintan fano por ondas, e sen orde, Hai que estar encima, porque eles fano buscando a permanencia. Canto máis se deixan estar, máis pintan”, explica o director da concesionaria, Jesús Calvar. “Cando limpamos todas as pintadas políticas da ponte da Constitución, apareceu todo o Casco Vello e a zona de Príncipe e Velázquez Moreno cuberta dun número. A xente relacionouno cun número de lotería, e nunha semana esgotouse o décimo, que se vendía en Lugo e Asturias. Pensaban que podía ser un iluminado o que o escribiu e podía tocar”, engade. A pesar do borrado de todas estas cifras, ao traballo fáltalle moito aínda por estar finalizado

Dificultades
Outro problema engadido depende da propia estación do ano. Cando se achega o inverno o proceso é moito máis lento. “Os métodos químicos, coa humidade, non funcionan tan ben”, segundo aclara Calvar. E os mecánicos non son sempre o suficientemente efectivos. De aquí deriva que, como se aprecia na fotografía do “despois” do número 7 da rúa Chao, siga permanecendo unha capa de pintura e as letras, aínda que en menor grao, síganse lendo.

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2009/12/10/pintadas-vandalos-extienden-casco-vello-disparan-gasto-limpiarlas/393930.html


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *