|
CANTIGA DO INVERNO
Velaí ven o Inverno
Co aire de morte
Pra que nada mude
Na man unha fouce
Puxa do seu carro
Cabrón macilento
Deixando ó seu paso
Vento fedorento
Nas néboas saudosas
Grasna o mensaxeiro
Corvo tenebroso
Fúnebre agoreiro
Tronan os tronantes
Señardades prenden
Corazóns senlleiros
Choven os nuveiros
Pobo resignado
Pensamentos ermos
Ánimo apagado
De fácil lamento
Pensa decotío
Planifica o inverno
Pra que nada mude
Para ser eterno
Controlan as noticias
Maquean súa imaxe
Para que votemos
A mesma engranaxe
Urban por aquí
Urban por alá
Urban, Urban
Gha, gha, gha, gha, gha
E o Casco Vello sen recuperar
LUME Ó INVERNO
Lume, lume, lume ó inverno
Lume ó inverno do frío e a fame
Da noite de néboa, preguiza e xiada
Lume, lume, lume ó inverno
Lume ó inverno do frío e a fame
Da noite de néboa, preguiza e xiada
|
CANTIGA DO MAIO
Maio, maio, de flores cuberto
Maio ledo, maio festexeiro
Maio, maio do Casco Vello
Bótenno-las Maias señores cabaleiros
Se non teñen Maias, bótennos diñeiro
Aí ven o maio pola Praza do Rei
Aí ven o maio de roubar o que se ve
ÉRGUETE MAIO
Érguete Maio, moito dormiches
Pasou o inverno e non o sentiches
Érguete Maio, moito dormiches
Pasou o inverno e non o sentiches
Érguete Maio, moito dormiches
Pasou o cuco e ti non o viches
Érguete Maio, moito dormiches
Pasou o cuco e ti non o viches

AS MAIAS
Bótenno-las Maias señores cabaleiros
Bótenno-las Maias que teñen no peto
Bótenno-las Maias señores do Concello
Bótenno-las Maias para o Casco Vello
ALUMEA
Alumea o pan, alumea o pan
Cada espiga o seu toledán
Alumea o trigo, alumea o trigo
Cada espiga o seu moletiño
Alumea o pan, alumea o pan
Cada espiga o seu toledán
Alumea o trigo, alumea o trigo
Cada espiga o seu moletiño
Lume, lume ve o pan
Deus che dea moito gran
Cada gran coma un bugallo
Cada pé coma un carballo
Lume, lume ve o pan
Deus che dea moito gran
Cada gran coma un bugallo
Cada pé coma un carballo
|
RECEBIMENTO A PRIMAVERA
Velaí ven a Primavera
Toda chea de color
Velaí ven a feiticeira
Que fai agromar o amor
Velaí ven a Primavera
E a terra canta con ela
Que con todas estas cores
Está de ledicia chea
A esta nova Primavera
Que ides contemplar axiña
O mes de abril emprestoulle
Unhas azas de anduriña
Velaí ven a Primavera…
Esta nova Primavera
Xentil dourada dos froitos
Trae abondosa colleita
Ten a vida no seu colo
Esta fértil Primavera
Tráenos fartura de pan
Para alimentar seus fillos
Ate despois do San Blas
Velaí ven a Primavera
Co Maio vai namorar
Trae nos seus beizos, florida
Un bico para lle dar
Velaí ven a Primavera…
|
Deixa unha resposta