Tales circunstancias non fan máis que pór en dúbida a calidade humana dos políticos, tal e como destacou a Red Social Galicia Sur, convocante do acto. No transcurso do mesmo deuse lectura a un manifesto no que se reprochaba ás administracións públicas que sigan sen dar resposta aos máis de trescentos cidadáns que malviven nas rúas de Vigo. Tamén recibiu críticas a demora que se está producindo para pór en marcha un centro público de inclusión social desde que se alcanzou un acordo no 2004.
Por se isto fose pouco, a Red Social advertiu sobre o malgasto de diñeiro público que neste tempo tivo lugar, ao investir fondos no edificio da Pinga de Leite para adaptalo a albergue e posteriormente cambiar de idea para dedicalo a emprendedores nun futuro.
Alguén propuxo onte a solución: Acoller ás persoas sen teito e de paso convertelas en emprendedores. Dun tiro mataríanse dous paxaros

Deixa unha resposta