A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo quere informar á opinión pública da falta de resposta por parte do Concello de Vigo ao problema ocasionado pola falta de aparcamento no Casco Vello de Vigo.

  Máis aínda, a pesares de solicitar únha reunión urxente co Concelleiro de Tráfico D. Xulio Calviño até este intre non temos recebido nengún tipo de contestación, nen á nosa solicitude nen ás diversas alternativas propostas por esta Asociación na busqueda de solucións.

  Informar tamén que este problema agravouse nas últimas datas coa eliminación das prazas de aparcamento da rúa Teófilo Llorente polas obras de instalación de cable e gas natural, e ao mesmo tempo pola campaña da Policia Local de multar aos veículos aparcados en zonas non destinadas ao efecto en todo o recinto peonil , sexan ou non residentes no Casco vello.

  Nesta situación de precariedade existe un ambiente de crispación entre os propios veciños por este problema e unha sensación de persecución sancionadora polo que esta Asociación, se non se aportan alternativas a este problema, promoverá as mobilizadións que entendamos precisas para dar a coñecer a toda a cidadanía este grave problema nun momento que desde diversas institucións tentase dar valor ao Casco vello de Vigo para promover o aumento de poboación do barrio coa rehabilitación de vivendas deshabitadas.

  Que se lle vai ofrecer aos novos veciños cando pregunten que facer cos seus veiculos?

  Deste xeito, tras a falta de resposta ao noso escrito de data 17 de abril de 2008 e en vista do agravamento do conflicto cos veciños,  de non aportarse solucións vai levar a actos de protesta por parte da veciñanza,

  Solicitamos novamente  unha reunión urxente co Concelleiro de Mobilidade D. Xulio Calviño, para tratar o importante tema da falla de aparcamento para residentes no Casco Vello e aportar solucións á devandita situación.

 
Copia do escrito remitido ao Concello de Vigo
{mxc}

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *