Actividades

Actividades da Asociación

A nosa actividade abrangue ámbitos tan diversos como a formación, a cultura, as tradicións populares e a defensa dos intereses da veciñanza. Traballamos cada día para fortalecer a vida comunitaria e contribuír a un Casco Vello máis vivo e participativo.

Cursos

Ofrecemos unha ampla variedade de cursos e actividades para todas as idades e intereses. Dende formación tradicional e cultural ata actividades de lecer e benestar, buscamos crear espazos de aprendizaxe, convivencia e participación. Se tes interese en algunha actividade ou queres máis información, non dubides en contactar connosco.
Preme aquí para ver os cursos deste ano:

Festas

Ao longo do ano organizamos e colaboramos en distintas celebracións e eventos que forman parte da nosa identidade e tradicións. A Reconquista, os Maios, o Samaín, o Entroido e outras actividades culturais son ocasións para compartir, fortalecer os lazos veciñais e manter viva a historia e o patrimonio do noso barrio.

Defensa Veciñal

Representamos os intereses da veciñanza ante as administracións públicas e entidades responsables. Recollemos incidencias, promovemos reunións e asembleas e traballamos para buscar solucións a problemas que afectan ao barrio, como deficiencias no mantemento, ruídos, mobilidade, aparcamento ou infraestruturas. A nosa finalidade é mellorar a calidade de vida e defender os dereitos de todas as persoas que forman parte da comunidade.

Fai Barrio Con Nós

Esta sección detalla paso a paso como participar coa nosa asociación e beneficiarse das nosas actividades comunitarias.

Faite Socio/a

Formar parte da asociación permíteche apoiar o traballo que realizamos durante todo o ano, estar informado das actividades e contribuír á defensa dos intereses do barrio.

Participa

Asiste ás actividades, festas, cursos e reunións abertas. A túa presenza e opinión axudan a fortalecer a convivencia e a vida comunitaria.

Propón e Colabora

Comparte ideas, comunica incidencias ou participa nas iniciativas veciñais. Entre todos podemos impulsar melloras e facer do barrio un lugar máis agradable para vivir.

Eventos e actividades para vivir o barrio

Descubre os próximos eventos, obradoiros e celebracións do Casco Vello. Espazos para compartir, aprender e participar na vida da nosa comunidade.

Noite das Fogueiras

Data: 23/06

Lugar: Pz do Berbés

Na noite de San Xoan a tradición manda. No CascoVello goberna o Akelarre!!
LUME E AUGA!!

Samaín

Data: 31/10

Lugar: Pz do Berbés

Haberá obradoiros para os máis pequechos, castañas , saída da santa compaña, e moita festa!

blog.turismo.gal

Rancho de Reis

Data: Nadal

Lugar: Casco Vello

Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis para difundir e axudar a recuperar esta tradición galega, que articulamos co Rancho de Reis do Casco Vello.