
Asociación Veciñal e Cultural
Casco Vello de Vigo
Hai máis de 35 anos, esta asociación naceu da inquedanza e do compromiso dun grupo de veciñas e veciños que non querían permanecer indiferentes ante a situación que atravesaba o barrio. Nun momento marcado polo abandono, a marxinalidade e a falta de atención institucional, decidiron unirse para defender o Casco Vello e traballar por un futuro mellor para a súa xente.
Dende entón, a asociación mantén o mesmo espírito co que foi creada: mellorar a calidade de vida da veciñanza, reivindicar un barrio coidado e habitable, e promover iniciativas que contribúan ao seu desenvolvemento social, cultural e comunitario.
Ao longo destes anos traballamos para recuperar e poñer en valor as tradicións do Casco Vello, fomentar a participación cidadá, impulsar actividades culturais e colaborar con outras entidades e colectivos comprometidos co barrio.
Seguimos defendendo un Casco Vello vivo, seguro e acolledor, orgulloso da súa historia e aberto ao futuro. Porque cremos que a mellor forma de construír barrio é facelo entre todos e todas.
