Así o anunciou o tenente de alc
alde, Santiago Domínguez Olveira, quen destacou que coa creación deste novo recinto expositivo poderanse exhibir fondos do Museo Quiñones de León e, desta forma, "pór en valor a súa obra pictórica" en pleno centro urbano.
Ademais, o político nacionalista informou de que tamén se aprobou a adquisición doutro inmoble do Casco Vello, neste caso o número 18 da Rúa Alta esquina con Eduardo Chao, por valor dun millón de euros, e que albergará dotacións culturais para estimular a actividade do barrio. Así, o tenente de alcalde defendeu estas dúas adquisicións, non só co obxectivo de adaptar os edificios aos novos usos, senón tamén para "mellorar espazos moi degradados que contribúan á recuperación integral" da zona histórica da cidade. Se todo marcha ben, a pinacoteca abrirá deica pouco máis dun ano.
http://www.atlantico.net/noticia/89635/nueva/pinacoteca/vigo/
{mxc}

Deixa unha resposta