
O corazón
mariñeiro de Vigo
O Casco Vello naceu mirando ao mar. Durante séculos, as rúas do Berbés foron fogar de mariñeiros, pescadores e familias que contribuíron a construír a identidade da nosa cidade. As súas casas, os seus soportais e a súa relación co mar forman parte da historia viva de Vigo.
Hoxe seguimos traballando para manter vivo ese legado, fortalecer a vida veciñal e contribuír a que o barrio continúe sendo un lugar dinámico, acolledor e orgulloso das súas raíces. Porque conservar a nosa historia é tamén construír o futuro do Casco Vello.
Novas
Mantente ao día das actividades, convocatorias, eventos e novidades da asociación.
-
Samaín no Casco Vello de Vigo

Ven celebrar o Samaín no Casco Vello! A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello convídate a participar nunha nova edición do Samaín na Praza do Berbés o vindeiro 31 de outubro. Teremos unha tarde e noite cheas de tradición, música e actividades para todas as idades. Prepara o teu disfrace e achégate a gozar desta…
-
Cursos 2026-2027

Achegámosvos a nova programación de obradoiros deste curso da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo. Un espazo de aprendizaxe, cultura e convivencia para todo o barrio.Actualizamos o listado completo de cursos 2026-2027:
-
Noite das Fogueiras 2026

O vindeiro martes 23 de xuño, o Casco Vello de Vigo iluminarase coa celebración da tradicional Noite das Fogueiras, unha das citas máis emblemáticas e esperadas do inicio do verán na cidade. A Praza do Berbés converterase unha vez máis no punto de encontro para veciñanza, visitantes e todas aquelas persoas que desexen compartir unha…
-
Gañadores Concurso Fotográfico da Reconquista da Vila de Vigo

Xa están dispoñibles as fotografías gañadoras das tres últimas edicións do Concurso Fotográfico da Reconquista da Vila de Vigo, unha iniciativa que cada ano nos permite descubrir novas miradas sobre unha das celebracións máis emblemáticas da nosa cidade.A través dos seus obxectivos, os participantes souberon captar a esencia da festa, a recreación histórica, os detalles…
-
Estreamos nova web: máis moderna, máis rápida e pensada para ti!

Na Asociación estreamos páxina web! Despois de moitos anos funcionando cunha antiga Joomla 3, demos o paso a un novo WordPress máis moderno, máis sinxelo e preparado para o presente. O obxectivo é claro: ofrecer unha experiencia mellor, máis cómoda e máis útil para toda a veciñanza. Renovarse é medrar. E esta nova etapa é…
Eventos e actividades para vivir o barrio
Descubre os próximos eventos, obradoiros e celebracións do Casco Vello. Espazos para compartir, aprender e participar na vida da nosa comunidade.
Samaín
Data: 31/10
Lugar: Pz do Berbés
Haberá obradoiros para os máis pequechos, castañas , saída da santa compaña, e moita festa!

Rancho de Reis
Data: Nadal
Lugar: Casco Vello
Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis para difundir e axudar a recuperar esta tradición galega, que articulamos co Rancho de Reis do Casco Vello

Entroido
Data: Entroido
Lugar: Casco Vello
Tarteiras e Merdeiros traen un Entroido aberto á veciñanza, con actividades para todas as idades e o mellor ambiente nas rúas do Casco Vello.



