Só 40 persoas viven no Barrio do Cura antes da súa inmediata demolición A Inmobiliaria Karpin espera contar con todos os permisos para iniciar en marzo a derribTan só 40 persoas viven actualmente no Barrio do Cura, segundo os cálculos que realiza a Inmobiliaria Karpin, propietaria da contorna, o que facilitará a operación de derriba que debería iniciarse en marzo como moi tarde.

A empresa espera contar con todos os permisos municipais e da Xunta para entón, incluíndo a avaliación ambiental obrigatoria da urbanización que deixou o anterior Goberno galego como herdanza.

O Barrio do Cura, tal e como é hoxe desde o Paseo do Afonso ao Berbés visto desde o alto. O primeiro que se demolerá será o antigo asilo, hoxe unha auténtica ruína. Segundo a Inmobiliaria Karpin, das 40 persoas que na actualidade viven no Barrio do Cura tan só a metade son propietarios, en tanto que o resto sen inquilinos que aguantan nas vivendas que a partir de marzo do próximo ano terían que comezar a caer baixo a picaraña para iniciar o maior proceso de transformación do centro urbano. O actual Barrio do Cura, un conxunto de casas e calexas delimitadas entre o Paseo de Afonso, Santa Marta e O Berbés, dará paso a unha urbanización moderna e racional que permitirá, entre outras cousas, dar saída a Torrecedeira e construír unhas 420 vivendas, a maioría de nivel medio-alto ou alto, aínda que o 29 por cento serán de protección autonómica, cun máximo de oito plantas. O ámbito conta con 23.564 metros cadrados, dos 12.000 serán comerciais. Tras moitos anos de negociacións e paróns, finalmente fai uns meses houbo un acordo entre a empresa dos ex célticos Karpin e Michel cos bancos Santander e BBVA para financiar a operación cuns 130 millóns de euros.

Segundo explicou un portavoz da inmobiliaria, estanse realizando todos os trámites para poder dispor dos permisos para a derriba no primeiro trimestre do próximo ano. A firma decidiu pospor a presentación anunciada para este mes para evitar frustracións. “Ata que non teñamos todos os documentos resoltos é mellor esperar”, sinalaron a este diario. Entre os papeis que restan atópanse o visto e prace da Xunta, que debe validar a avaliación ambiental da urbanización, unha esixencia da anterior Administración para as grandes ordenacións que complica aínda máis o desenvolvemento urbanístico.

O antigo asilo, a derriba que máis urxe polo seu estado de ruína

Na Inmobiliaria Karpin hai certa présa por iniciar canto antes a derriba do antigo asilo, que tras a marcha das relixiosas converteuse nunha auténtica ruína que ameaza vir abaixo. Incendios, ocupacións e roubos converteron o vello caserón nun lugar perigoso, sinalan na empresa, que tería que demolerse canto antes para evitar problemas.

En principio, coa avaliación ambiental positiva, que se espera en cuestión de semanas, quedaría que o Concello dese luz verde á ordenación do PERI (urbanización) e a continuación a licenza para a derriba. Todo iso espérase conseguir a curto prazo, aínda que co financiamento asegurado e contando con todos os documentos aprobados (PGOM e Plan do Casco Vello) na empresa non hai présas. En todo caso, advirten de que urxe a demolición do asilo polo seu pésimo estado de conservación e porque se trata do edificio máis rechamante do ámbito, polo que a súa caída pola picaraña será tamén o símbolo do cambio. En canto aos veciños que quedan, a firma propietaria considera que non debería haber maiores problemas ao tratarse de apenas 40 persoas e que á maioría ofertaránselle realoxos. Unha vez culminada esta fase abrirase a verdadeira construción do novo Barrio do Cura, que se prolongará durante anos. “Esperemos que sexa canto antes, porque a contorna do asilo é agora un foco de infección, ratas e lixo que hai que eliminar”, explicaron na inmobiliaria.

Para completar a contorna só faltará a urbanización da Panificadora, en ruínas pero con obrigación de conservar o silo.

http://www.atlantico.net/noticia/93328/BarriodoCura/


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *