
O corazón
mariñeiro de Vigo
O Casco Vello naceu mirando ao mar. Durante séculos, as rúas do Berbés foron fogar de mariñeiros, pescadores e familias que contribuíron a construír a identidade da nosa cidade. As súas casas, os seus soportais e a súa relación co mar forman parte da historia viva de Vigo.
Hoxe seguimos traballando para manter vivo ese legado, fortalecer a vida veciñal e contribuír a que o barrio continúe sendo un lugar dinámico, acolledor e orgulloso das súas raíces. Porque conservar a nosa historia é tamén construír o futuro do Casco Vello.
Novas
Mantente ao día das actividades, convocatorias, eventos e novidades da asociación.
-
Noite das Fogueiras 2026

O vindeiro martes 23 de xuño, o Casco Vello de Vigo iluminarase coa celebración da tradicional Noite das Fogueiras, unha das citas máis emblemáticas e esperadas do inicio do verán na cidade. A Praza do Berbés converterase unha vez máis no punto de encontro para veciñanza, visitantes e todas aquelas persoas que desexen compartir unha…
-
Gañadores Concurso Fotográfico da Reconquista da Vila de Vigo

Xa están dispoñibles as fotografías gañadoras das tres últimas edicións do Concurso Fotográfico da Reconquista da Vila de Vigo, unha iniciativa que cada ano nos permite descubrir novas miradas sobre unha das celebracións máis emblemáticas da nosa cidade.A través dos seus obxectivos, os participantes souberon captar a esencia da festa, a recreación histórica, os detalles…
-
Estreamos nova web: máis moderna, máis rápida e pensada para ti!

Na Asociación estreamos páxina web! Despois de moitos anos funcionando cunha antiga Joomla 3, demos o paso a un novo WordPress máis moderno, máis sinxelo e preparado para o presente. O obxectivo é claro: ofrecer unha experiencia mellor, máis cómoda e máis útil para toda a veciñanza. Renovarse é medrar. E esta nova etapa é…
-
XLIV Festa Dos Maios 2026

Este ano celebramos a XLIV edición da Festa dos Maios. Esta festa de recibimento da primavera e da fermosura e sensualidade que trae con ela, na que os campos se encheron de flores e as rúas se encheron de xentes contaxiadas polo optimismo que a luz e as caricias dos raios do sol sobre a…
-
IV Concurso Fotográfico da Reconquista da Vila de Vigo

A Asociación Veciñal Casco Vello convoca o IV Concurso Fotográfico da Reconquista da Vila de Vigo, unha iniciativa aberta a todas as persoas que desexen capturar coa súa cámara os mellores momentos desta festa histórica da cidade. As fotografías deberán estar relacionadas coa Reconquista de Vigo e as actividades que a rodean, e poderán presentarse…
Eventos e actividades para vivir o barrio
Descubre os próximos eventos, obradoiros e celebracións do Casco Vello. Espazos para compartir, aprender e participar na vida da nosa comunidade.
Noite das Fogueiras
Data: 23/06
Lugar: Pz do Berbés
Na noite de San Xoan a tradición manda. No CascoVello goberna o Akelarre!!
LUME E AUGA!!

Samaín
Data: 31/10
Lugar: Pz do Berbés
Haberá obradoiros para os máis pequechos, castañas , saída da santa compaña, e moita festa!

Rancho de Reis
Data: Nadal
Lugar: Casco Vello
Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis para difundir e axudar a recuperar esta tradición galega, que articulamos co Rancho de Reis do Casco Vello.



